Sabores de Cangas
A gastronomÃa da vila
Coñece os pratos tÃpicos de Cangas e a súa elaboración: Navallas á prancha, Percebes, Mexillóns, Ameixas á mariñeira, Polbo á feira, Vieiras ao forno, Empanada, Caldo galego, Pescada en caldeirada, Filloas, Tarta de Santiago, Orellas e Queimada.
Feiras gastronómicas
Ao longo do ano, en Cangas, celébranse distintas feiras gatronómicas como, por exemplo:
​
- A Feira da Tapa:
​
É unha festa na que todos os locais de Cangas expoñen unha tapa ao seu público que, despois de probar tres tapas ou máis poden votar pola súa gañadora e ao final sae un local gañador, para votar non hai idade, poden facelo mesmo os nenos e nenas. Hai unha feira de verán e outra no inverno.
​
- Festa da navalla:
​
A festa da navalla celébrase no mes de setembro. Neste evento participan varias taperías e restaurantes de Cangas onde se pode degustar diferentes pratos deste produto típico da nosa vila.
​
- Festa do percebe:
Nesta feira participan unha docea de restaurantes da localidade que ofrecen a posibilidade de degustar este exquisito manxar do mar preparado de múltiples maneiras.
Celébrase a finais de agosto.
​