top of page

Parques e Xardíns

Parque de Cangas

O Parque grande de Cangas, tamén chamado Parque do Sinal, está situado no centro de Cangas, na Alameda Nova .

 

Servizos próximos: Aparcadoiro, fontes, cafeterías.

  O parque ten todo tipo de xogos para que os nenos se divirtan; un tobogán moi longo e grande, no que te podes tirar, unha tirolina longuísima, camas elásticas para saltar, zona para os nenos máis pequenos, etc.

 

  Podes chegar ao parque en coche,en bici e andando.

 

  Polo parque pasa un carril bici moi longo que vai dende a Praia de Rodeira, ata as estacións de autobús e barco.

 

  Tamén hai unha zona para os máis maiores.

 

  Na súa contorna pódense observar moitas aves como as gaivotas, parrulos, e mesmo algún peixe no estanque    ou no mar.

​

Como ves, a diversión está asegurada!

 

 

Praza de San Xosé 

  O parque inaugurouse o 24-04-2015 e a escultura é unha peza tallada en pedra, que representa á harmonía coa natureza e a necesidade de coidar do mundo. O escultor que a fixo chámase Manuel Coia, naceu en Nerga (O Hío) o en 1933.

 

  Esta praza ten unha pista multiusos con gradas e bancos de pedra, pero que non se nos esqueza: É un parque infantil cunha morea de xogos!

 

  Tamén ten uns chorros de auga aos que lles puxeron unhas luces e pola noite son preciosos. Coidado non te molles!

  

O parque novo está situado na rúa San Xosé, fronte ao cemiterio municipal. Ten unha estatua moi curiosa á que lle podes sacar unha foto.

Xardíns do Sinal

Ubicados no centro urbano de Cangas do Morrazo.

 

  • Os xardíns rodean á Capela do Hospital.

  • Neses xardíns hai unha fonte de cores, bancos, tres parques, unha pista para deportes, un miradoiro e un estanque.

  Atópanse a carón dun paseo marítimo rodeado por xardíns. Neles hai un estanque moi grande no que, ás veces, hai patos, pero non podes bañarte. Hai tamén monumentos, como a estatua das gaivotas que está ao final dos xardíns, ou a Capela do Hospital, que, ás veces, se usa para facer exposicións.

 

  Alí atopamos ademáis dous parques (un para pequenos e outro para máis maiores), un carril bici que percorre tódolos xardíns, un porto onde hai barcos amarrados, outro porto e unha pista para practicar deportes como fútbol e baloncesto. Se vas os martes ou venres, atoparás un mercado ambulante.

​

Nos xardíns do Sinal hai margaridas, árbores, e no estanque hai unhas herbas moi longas chamadas xuncos.

 

 

Alí filmamos algún dos nosos planos de ficción:

Parque de Aldán

 Situación: A carón da praia de Aldán, no centro do pobo, na Lontreira.

  Este é o parque de Aldán, finalizado nun tempo récord, en só vinte días.

 

  Ten un tobogán grande e un pequeno onde os nenos poden xogar e divertirse. Tamén hai unha zona para nenos pequenos que ten unha casiña pequena e un banco para sentarse.

 

  Está rodeado por unhas fermosas árbores, e pódese acceder en coche ou andando, depende de onde residas (se resides lonxe vas en coche, pero se resides a carón ou preto do parque, podes ir andando).

Xardíns de Andrea

Ubicados no Parque da Palma.

 Nos xardíns de Andrea hai un parque para nenos pequenos con: dous tobogáns e dous balancíns dun cabalo e dun coche.

 

 Tamén hai uns xardín para os cans, unha fonte decorativa e outra para beber e unha pista de patinaxe.

 

 Conta cuns bancos para descansar.

 

  Ás veces, cando fai bo tempo, hai música ao aire libre.

Parque de Rodeira 

  Foi deseñado por un arquitecto chamado Rafael Soliño Costas.

 

  Fronte ao parque está a praia de Rodeira. Ó seu carón hai un paseo moi longo, que vai dende o malecón ata o final da praia de Rodeira. Detrás está a estrada, un aparcadoiro e uns edificios.

 

  Hai moita fauna e flora como: gaivotas, pombas, abellas, margaridas, xirasois, petunias, etc.

Tamén coñecido como parque do Skate ou Skatepark, está situado en Rodeira.

Ten unha agradable vista á praia de Rodeira e á Ría de Vigo, unha pista para os skates e un parque para os nenos pequenos.

Parque 25 de Xullo 

 Nese parque a diversión está asegurada porque está moi ben equipado:

 

  • Ten dous tobogáns, un para maiores e outro para máis pequenos.

  • Ten dúas pistas con dous bambáns cada unha. Son ideais se queres tocar o ceo!!!!

  • Ten unha caseta ideal para xogar, cun tobogán e unha plataforma para trepar.

  • Conta cuns balancíns individuais para montarse.

 

 

 O máis fermoso deste parque, ademais das atraccións, son as fermosas vistas dos xardíns á Ría de Vigo, ó paseo marítimo e á vila de Cangas. Está moi preto da zona de cafeterías e terrazas. A diversión está asegurada!!!!

Está situado entre os Xardíns do Sinal e a estación de autobuses (centro urbano de Cangas do Morrazo).​

Parque da Garda Civil

O parque infantil da Garda Civil está detrás da praia de Rodeira, a carón do instituto de Rodeira e do cuartel da Garda Civil.

 

   Está rodeado por un muro de pedra, o chan é de area menos unha parte de acolchado (donde están os xogos).

 

   Ten columpios, un tobogán, unha caseta e un balancín.

​

   Está preto da estrada e conta cun aparcadoiro.

Xardíns do Sinal
Parque de Cangas
Parque 25 de Xullo
Xardíns de Andrea
Praza de San Xosé
Parque de Rodeira
Parque da Garda Civil
Parque de Aldán

Parque de A Caína

É un parque situado en Darbo.

   Ten un tobogán, un bambán, dous balancíns, unha casiña para xogar, e unhas papeleiras con forma de oso moi divertidas.

   

   Está rodeado por un xardíns que teñen uns bancos para descansar, unhas palmeiras altísimas e na súa entrada hai unha fonte.

 

   Está á carón das casas dos veciños de San Roque e do hotel Las Vegas.

Parque de San Roque

Parque da Choupana

O parque da Choupana é un parque situado na parroquia de Darbo

  O parque da Choupana está situado en Darbo, na Choupana.

 

  Ten dous tobogáns, un para pequenos e outro para maiores, tamén hai uns bambáns, e un cabalo para balancearse. A carón do parque hai una pista para xogar ao baloncesto.

 

  Está moi preto da escola de infantil Galiña Azul e duns edificios.

Parque da Choupana
Felix Soage

Xardíns de Félix Soage

A alameda vella, nome polo que se coñecen estes xardíns, está situada no centro de Cangas . Nela está o reloxo que usaban os mariñeiros para saber o tempo e a hora.

   Aquí tamén está o palco da música, un quiosco, a churrería e outro quiosco onde podedes mercar gofres ou xeados.

 

   Nel hai varias esculturas que non podemos esquecer:

      - A estatua en pedra que homenaxea a Félix Soage Villarino, que emigrou a América, fixo fortuna e axudou        moito á vila de Cangas. É obra do escultor Asorey.

      - A estatua "A volta do mar", de Xoan Piñeiro.

      - Unha estatua homenaxe a Xoan Piñeiro en bronce.

      - Busto de Manuel Graña. 

​

E por último destacar que foi o parque que se fixo no primeiro recheo de Cangas, en terreo gañado ó mar.

​

Nazaret

Parque de Nazaret

   Está situado no barrio de Nazaret.

   Rodeado por un cercado azul, cun chan de cortiza granate, ten distintos xogos como bambáns, un tobogán, unha rede, e mesmo un merendeiro!!!

​

   O parque esta dividido en dúas partes, unha de nenos pequenos e outra de maiores, separados por un muro de pedra e prantas. Tamén ten unhas cantas árbores e bancos para sentarse.

bottom of page