top of page

Marcos Fernández

Antigo alumnos do CEIP A Rúa

   O regatista do Club Náutico de Cangas Marcos Fernández, foi o mellor español clasificado no Mundial de Fórmula Windsurf da categoría xuvenil, disputado na bahía de Cádiz, no Parque Metropolitano “Los Toruños”.

 

   Alí estivo presente a selección galega de esta especialidade con 5 representantes, de os que 4  pertenecen ao club de Cangas entre eles Marcos Fernández.

Antigo alumnos do CEIP A Rúa

Deportistas

Lucía Llópiz

    Empezou a entrenar aos 14 anos cando a súa curmá a animou para que comezase a entrenar no Náutico de Vigo. Un par de meses despois asistiu ao seu primeiro mundial como tripulante dun rapaz ao cal o seu compañeiro non pudo acompañar por causa dunha enfermidade. Ese mesmo verán do 2007 a súa curmá separouse da súa compañeira e decidiron formar tripulación. Tiveron moi boa progresión gañando ese mesmo ano o seu primeiro campeonato galego e poco despois o nacional. Conseguiron o bronce feminino no mundial de Túnez no 2009, foron plata xuvenil e ouro femenino en Eslovaquia no 2010 e a partir de ese momento outros tres ouros consecutivos en Alemania, Francia e en Sanxenxo.

   Lucía LLópiz naceu en Cangas o 23 de xullo do 1992. Estudiou no Compañía de María, logo no IES de Rodeira e fixo a carreira de Matemáticas en Santiago de Compostela. Tamén estudou violín. Todo elo non lle impediu ser campeona do mundo de clase Vaurien femenino catro veces consecutivas en compañía da súa curmá Laura.

Suso Soliño

   Comezou de casualidade a xogar ao balonmán cando tiña 14 anos, cando o conserxe do seu colexio organizou un torneo de minibalonmán e o animou a participar. Ese mesmo ano empezou a entrenar co Cangas. Tres anos despois aos 17 debutou no Buque Insignia de Cangas. O que comezou coma un xogo acabou por convertise nun cuarto de siglo co balón na man e defendendo sempre o número 8 da camiseta do “Frigoríficos do Morrazo” coma extremo dereito.

 

   Leva 26 temporadas xogando nese equipo, como se os partidos non pasasen por el, do seu brazo sairon un montón de goles, sendo o máximo goleador do seu equipo. Durante os últimos 25 anos colecionou anécdotas , momentos de euforia como as permanencias en Asobal, a aventura europea do equipo e os seus ascensos e tamén algúns instantes amargos coma a súa rotura de tibia e peroné, pero o bo supera por moito os recordos grises.

  Xogador de Balonmán no Frigoríficos do Morrazo, naceu o 20 de xulloo de 1975

Velaquí a entrevista que lle fixemos no noso ximnasio:

David Cal

    Competiu en piragüismo na modadlidade de augas tranquilas. Asúa especialidade era a canoa monoplaza nas distancias de 500 e 1000 m (C1-500 y C1-1000).

   

   Foi campeón olímpico en Atenas 2004 e campeón mundial no 2007. Conseguiu en total cinco medallas en tres participacións nos Xogos Olímpicos : ouro e plata en Atenas 2004, dous platas en Pekín 2008 e unha plata en Londres 2012.Gañou cinco medallas no Campionato Mundial de Piragüismo entre os anos 2003 e 2011, e cinco medallas no Campionato Europeo de Piragüismo entre os anos 2004 e 2012.

 

   Convertiuse no deportista español con máis medallas olímpicas, ao conseguir nos Xogos Olímpicos do 2012 o seu quinto metal, unha plata na proba de C1 1000 m. En recoñecemento a súa carreira deportiva, foi galardonado no 2015 coa Gran Cruz da Real Orden do Mérito Deportivo; tamén recibiu a medalla de ouro da Real Orden do Mérito Deportivo do ano 2006 e o Premio Don Felipe de Borbón ao mellor deportista español do ano 2004.

 

   Ademais, foi finalista ao Premio Príncipe de Asturias dos Deportes 2013.

   David Cal Figueroa naceu o 10 de outubro de 1982 na aldea de Vilariño en Cangas do Morrazo. A súa vida deportiva xirou entorno ao seu club Mar Ría de Aldán polo que competiu a nivel nacional, pasando polo Centro Galego de Tecnificación Deportiva (desde os 14 anos), no que traballou con diferentes entrenadores ata coñecer ao derradeiro , Xesús Morlán.

Irmáns Jiménez

   Andrés e Rafael Jiménez pertencen ao Real Club Naútico Rodeira. Foron campións xuvenís do mundo, de vela, clase Vaurien. Hoxe son entrenador e director da escola de vela do Club Náutico Rodeira.

Carlos Pérez Rial

   Compite na modalidade de augas tranquilas, a súa especialidade é a velocidade sobre kaiak nas distancias de 200 e 500 m (K1-200, K1-500 y K2-500). O seu medalleiro é moi amplo. Participou en dous Xogos Olímpicos de Verán, nos anos 2004 e 2008, obtendo unha medalla de ouro en Pekín 2008, na proba de K2, 500 m.

 

   Gañou oito medallas no Campionato Mundial de Piragüismo entre os anos 2003 e 2011 e sete medallas no Campionato Europeo de Piragüismo entre os anos 2004 e 2010.

 

   Hoxe en día segue entrenando e pertence ao club de piragüismo de Aldán.

   Carlos Pérez Rial tamén coñecido como “Perucho”, naceu o 12 de Abril de 1979 en Cangas. Pertence ao club de piragüismo de Aldán.

Solange Andrea 

   É licenciada en Actividade Física e Deporte. Iniciouse no atletismo nas Illas Canarias, onde competía co club Playas de Jandía. Ao trasladarse a Galicia competiu entre outros co Club Atletismo Bikila. Pereira corre tanto probas de pista como de cross-country, se ben a súa especialidade son as probas de medio fondo, dende o 800 m. á milla, pasando polos 1500 m. O seu entrenador é Carlos Landín García.

 

  En 2014 chegou á final dos 1500 m. nun campionato de España, onde foi segunda. En 2015 proclamouse campiona de España de 1500 m., en inverno en pista cuberta e en verán ao aire

libre. Tamén nese ano se proclamou campioa de España da milla. As súas mellores marcas persoais son: 400 m.l.: 57´´50 / 800 m.: 2´09´´74/ 1.500 m: 4´14´´07 (2012)/ 3.000 m.: 9´29´´22/ 5.000 m.: 17´16´´59.

   Solange Andrea Pereira da Ponte, naceu o 12 de decembro de 1989 en Portugal. É unha atleta galega, especialista en carreiras de medio fondo. Criouse na illa de Fuerteventura e sendo aínda unha nena trasladouse a Cangas. É licenciada en Actividade Física e Deporte. 

Serafín Pousada

   Serafín Pousada naceu no ano 1988 en Cangas (mide 1,96m e pesa 102 kg). Xoga ao balonmán coma lateral dereito no club “Frigorificos do Morrazo” de Cangas. Equipo que conseguiu manterse nestos últimos 15 anos na máxima liga española.

Adrián Rosales Pousada

  Naceu en Cangas fai 31 anos. Estudiou Enxenería Industrial na Universidade de Vigo. É xogador do “Frigoríficos do Morrazo” desde fai 18 anos, antes xogaba nas categorías inferiores do club. Pesa 95 kg e mide 1,90m.

   Xoga co número 21 no posto lateral esquerdo.

 

  Nesta liga leva 102 goles, una media de 4,64 goles por partido.

 

  Foi o primeiro galego en disputar o campeonato do mundo de balonmán Praia no ano 2014 que se celebrou en Brasil.

Teresa Portela 

   Gañadora de 14 medallas no Campionato Mundial de Piragüismo entre os anos 2001 e 2015 e 17 medallas no Campionato Europeo de Piragüismo entre os anos 2001 e 2013.

 

  Tamén participou en catro Xogos Olímpicos de Verán, entre os anos 2000 e 2012, a súa mellor actuación foi no cuarto posto logrado en Londres no 2012 na proba de K1 200m.

   Mª Teresa Portela Rivas naceu en Aldán (Cangas) o 5 de maio do 1982, compite en piragüismo na modalidade de “augas tranquilas”.

Ángela Chapela

   Ángela Chapela pertence ao Club de Ánfora de Patinaxe artística de Cangas, foi campiona galega na modalidade de cuartetos xunto co seu equipo con “Recuérdame”.

Rubén David Soliño

   Xogador de balonman no equipo “Frigoríficos do Morrazo” de Cangas. O seu posto é de central, aínda que pode xogar coma extremo cando se necesite. O seu dorsal é o número 7. Mide 173 cm e pesa 73 Kg. Ata agora leva xogando 6 temporadas no primeiro equipo.

LucíaLlopiz
Suso soliño
David Cal
Rafael Jiménez
Carlos Pérez
Solange
Serafín Pousada
Marcos FDZ
Adrián Rosales
Teresa Portela
Ángela Chapela
Rubén Soliño

Laura LLópiz

   Naceu no ano 1991 en Vigo. É prima de Lucía Llópiz. Ambas son regatistas do Real Club Náutico de Vigo. Xuntas foron tetracampeonas mundiais de Vaurien (2010-2013). Tamén xoga ó fútbol en 1º división femenina no equipo “Ciudad de Pontevedra” co dorsal 17.

Laura Llopiz

Silvia Chamosa

   Silvia Chamosa é regatista de clase Vaurien do Real Club Náutico de Rodeira. Xunto con Rosalía Paredes conseguiron a terceira plaza no Campionato de España 2014 de Clase Vaurien na categoría xuvenil.

Silvia Chamosa
Rubén Paz

Rubén Paz

   Palista maratoniano do Club Nautico Rodeira de Cangas. Disputou con España o Campionato de Europa de dragon boat. O combinado conseguiu un gran éxito ao regresar con cinco medallas, un resultado a priori dificílmente imaxinable debido ao pouco tempo que este grupo de palistas levan remando xuntos.

.

bottom of page