top of page

Músicos

Inocentes Camaño

  Inocentes Luís Camaño Brun naceu en Cangas, o día 24 de xaneiro de 1934. O seu primeiro contacto coa música foi a traves do seu pai, compoñente dunha orquesta da vila.

 

  No tempo libre recibía leccións de harmonía en Vigo que compaxina co traballo na zapatería do seu pai.

 

  Formou parte das orquestas “Los Ibéricos” e “Los Magos de España”.

 

  Dirixiu xunto ao mestre Carballo a escola de música de Cangas.

 

  En 1983 Camaño comeza como director, coa colaboración entusiasta de D. Jesús Cordeiro, na banda Bellas Artes e relanza o proxecto da escola xunto o subdirector e membro da banda Alberto González Avilés. Gravan o disco “Cangas pobo encantador”.

Velaquí a entrevista que lle fixemos  a Fina, a súa muller, e a Mónica, a súa filla:

Persoas importantes da música en Cangas

 

- Manolo Chilola (Banda de música, 1945-1980).

- Marcelino Carballo (Banda de música, 1883-1967).

- Manuel Blanco Soliño (Bellas Artes, trompetista, 1905- 1955).

- Manolo Sanjuán (Radio, 1900-1950).

- Manolo Solla (Gaiteiro,1956-2016).

- Mestre Lucho (Músico, 1979- 2014).

- Eugenio Carballo (Músico e compositor, 1960-1994).

- Inocentes Camaño (Banda de música, 1920- 1981).

- Carmiña (Baile galego, 1889-1938).

- Xosé Gutiérrez (Mestre de Gaita, 1906- 1938).

- Alberto González Avilés (Compositor ).

 

Camaño

Alberto G. Avilés

   Alberto González Avilés é músico, profesor e compositor de Cangas.

​

   Toca a trompeta, a trompa, o piano, o violonchelo e a Orquestra.

Comezou a estudar música aos 13 anos e dende ben pequeno gustáballe este mundo, xa que estivo sempre rodeado de músicos.

​

   Estivo na banda Bellas Artes case 11 anos tocando a trompa, 7 como codirector e 2 anos de director titular.

​

   Actualmente exerce como profesor na Escola e no Conservatorio de Música de Cangas e dirixe a Proxecto Orquestral dende o 2007.

​

   Da súa faceta como compositor salientar as innumerables obras creadas.Personalmente a que máis lle gusta, aínda non foi estreada e está composta para unha gran orquestra sinfónica. As primeiras foron, un paso dobre e a obra Poema e a última leva por título Burlesca.

Velaquí a entrevista que lle fixemos:
Ancla 1
bottom of page