
Artistas

Manuel Coia
Sabías que Manuel Coia fixo moitas esculturas hoxe situadas en varios lugares da vila de Cangas do Morrazo?
Este escultor é autor dos remeiros da gamela loitando cotra o “vento de proa” así como “o galeón azoutado polas ondas” xunto ás naves de Ojea. Outro dos símbolos de Cangas, os mexillóns da rotonda da Pedra Alta, e as esculturas na Casa da Cultura de Rodeira, en pedra e madeira.
Criouse nun ambiente mariñeiro, participou na vida do mar activamente e coñeceu a súa dureza e aventura cotiá en barcos de pesca por mares de todo o mundo. A madeira é a súa materia habitual. Asistiu a certames colectivos como os da praza Princesa, en Vigo, onde empezou a ser coñecido a principios dos anos setenta. Realizou algunhas exposicións individuais en cidades de Galiza, España e o estranxeiro. Residiu moito tempo en Brasil, onde tomou contacto con outras concepcións da arte. Por fin volve a Galiza para traballar en silencio e sorprender periodicamente.
Obra súas son:
Artista da nosa vila, na que gardamos moitas das súas obras.
![]() As gaivotas | ![]() Planeta Terra | ![]() O galeón |
---|---|---|
![]() Vento de proa |

Miguel Ángel Alonso Diz
-
Naceu en Madrid o 14 de xaneiro de 1976.
-
Fixo libros tan populares como “O Cullarapo Croque”, “A Nena A Que Non Deixaban Ser Feliz”, “O Soño De Esther”, “O Valente Coello Que Quixo Soñar”, entre outros.
-
Sempre traballa coa ilustradora Luz Beloso, destes dous sempre xorden marabillosos libros.
-
Gañou moitos premios, como o de Certame de Relatos, que gañou no 2010, o do I Certame de micro-relatos no 2013, o premio Formación lingüística de Compostela no 2014 e o Olloboi Orixinal nese mesmo ano.
Curiosidades:
-
Ten os ollos verdes coma a herba, sorrí moi a miudo, vive nunha casa enorme, e é unha persoa moi feliz polo que está conseguindo cos seus libros.
Obras súas son:
Miguel Ángel Alonso Diz é un escritor popular que creou e presentou libros en Cangas.
![]() O valente coello que quixo soñar | ![]() O soño de Esther | ![]() O Cullarapo Croque |
---|---|---|
![]() A nena á que non deixaban ser feliz |

Lito Portela
Fixo unha gran variedade de esculturas entre elas destaca a Buguina, situada sobre o cantil de Soavela (Donón), a famosa mal chamada Caracola.
A Buguina está feita de aceiro inoxidable e entre o proxecto e a elaboración tardouse ao redor de dous meses. Fíxoa porque naquel tempo, o sitio que lle se prestou para colocar a peza, estaba claro que non se podían tapar esas increibles vistas sobre toda a costa Atlántica. A Buguina está pensada para que todo o mundo poida interactuar. Non se debería subir a ela; se o facedes, facelo de un en un, non de vinte en vinte para que a Buguina se con serve ben.
Lito Portela tamén ten outras esculturas en Cangas do Morrazo como a dos xulgados ou fóra do concello e nalgún museo como no de Lalín.
Obras súas de Cangas son: E aquí a entrevista que lle fixemos:
Jose Ángel Portela Calvar, tamén chamado Lito Portela, naceu en Coiro (Cangas) en 1958, é un escultor e pintor de Cangas.
![]() A Buguina |
---|
![]() A Moa |

Oli
Naceu en Cangas no 1960, é mestre de Primaria, tradutor, escritor e especialista en literatura infantil e xuvenil. Tamén é co-director da colección Seteleguas de KALANDRAKA, editorial na que publicou “Once damas atrevidas”, “O pirata pata de lata” e “Artur” (no selo Faktoría K). Ademais, foi responsable das páxinas de literatura infantil da Revista Galega de Educación
-
É un escritor que escribe para moitas editoriais, como para Merlín, Lobocoxo, Kalandraka, etc.
-
O seu verdadeiro nome é Xosé Manuel González.
-
Colaborou con moitos ilustradores, como Ramón Trigo ou Natalia Colombo.
-
Os seus libros máis populares son “Os Ratos Da Casa”, “O Rato Avó e o Muraño” e “Leocadio, O León”, entre outros.
Os seus libros máis ou menos soen ser para entre 6 e 12 anos.
Se queredes saber máis del e dos seus libros entrade nesta web: http://oslibrosdeoli.com/
Obras súas son:
Oli é un escritor moi coñecido, que presentou algúns libros en Cangas.
![]() O pirata pata de lata | ![]() Artur | ![]() Os ratos da casa |
---|---|---|
![]() Leocadio, o león | ![]() Iria e a lúa |

Bernardino Graña
-
É un escritor moi variado: fixo poesías, teatro e libros xuvenís e para maiores.
-
Gañou bastantes premios, coma o Premio Eixo Atlántico que gañou no 2006, entre outros.
-
Os seus libros máis populares son "Profecía do mar" (1966), “Fins do Mundo” (1974), “Xan Guindán, Capitán” (1991), “O Gaiteiro e o Rato Pérez” (un libro que gañou o premio Merlín no 1994) e “O Quirico Lambón” (1997).
Dende xoven formou parte dunha organización para a revista de poesías “Alba”. Tamén participou como articulista nos periódicos “Noche” e “Faro de Vigo”.
Tamén traballou como marítimo no seu tempo e logo centrouse na súa carreira de escritor.
Algunha das súas obras son:
Bernardino naceu en Cangas en 1932, é un escritor de poesía, teatro e narrativa.

![]() Fins do mundo |
---|
![]() Cantigas de Santa María |
Miguel Ángel Blanco
É un actor cunha importante traxectoria profesional que o levou a traballar en series como La que se avecina ou Arrayán, ademais traballou en teatro, musicais ou cine entre outras moitas cousas.
Miguel Ángel Blanco naceu o 29 de setembro de 1973 en Cangas do Morrazo.

Rosa Neutro
Nos últimos anos participou en diversas exposicións individuais e colectivas: “Mulleres en acción: violencia zero” (Museo de Pontevedra). “Somos espazo. Simbioses creativas entre arte e arquitectura” (Pazo da Cultura, Pontevedra). “EclectiCIDADE: diálogos coa imaxen contemporánea en Vigo” (Casa das Artes, Vigo). “Les follages” (Galería Sargadelos, Vigo). ”A porta do Norte” (Pazo da Cultura, Pontevedra). “Discontinuidades paralelas” (Galería Atlántica, A Coruña). “NosotrAs artistAs” (Galería La salita, Gijón). “Uni-versos” (Galería Photo Art, Ourense). “Artistas en red” (Galería Dosmilvacas, Ponferrada). “Mujeres y arte”, Centro Torrearte, Madrid. “Fora de sítio” [Projecto I.M.A.N, 5ª ed.]. Galería da Escola de Arquitectura da Universidade do Minho, Guimaraes, Portugal. “Black brand”. Proyecto de arte público. Kaldarte XII (Caldas de Reis. Pontevedra).
En Cangas fixo:
“Memoria intermitente. Conversas dende a ruína” (Auditorio de Cangas, Pontevedra).
“Creamos[nós]” (Auditorio de Cangas, Pontevedra).
Rosa Neutro é unha artista visual e fotógrafa que traballa pola súa conta. Licenciada en Bellas Artes pola Universidade de Vigo. Actualmente coordina o centro de produción dixital LAB_IN arte múltiple. Entre 2014 e 2015 foi coordinadora de exposicións da sala Piso dos en Pontevedra.

Agustín Soage
Ao lado do seu céntrico aserradoiro, o artista, ten expostas sobre cincuenta pezas elaboradas a man e en madeiras nobles.
Soage aproveita calquera nudo, corte, burato que o tablón ou o tronco traia de serie e intégrano dentro da estética do moble facendo que se convirta nun elemento máis.
Estes son un vídeo da entrevista que lle fixemos e outro do seu traballo na carpinteiría:
Agustín Soage é un carpinteiro e artista Cangués que organiza exposicións de mobles artesanais no seu local, que está situado na Avenida de Ourense de Cangas.

![]() | ![]() | ![]() |
---|---|---|
![]() | ![]() | ![]() |
![]() | ![]() | ![]() |
![]() |
Estas son mostras dos seus traballos:
Mónica Camaño
Tivo moitos premios e recoñecementos coma o premio María Casares, entre outros.
A súa filmografía é moi longa: dende a serie Galicia Exprés (2000) ata a peli Cicatriz Branca (2012).
Mónica Camaño é unha actriz canguesa recoñecida, que conta cunha unha filmografía variada e moitos premios.
Mónica Camaño Fandiño naceu en Cangas no 1971.
É unha actriz moi famosa pola interpretación de Olaia Salgado na serie Matalobos (2009-2013).

Camilo Camaño
Ten escritos varios artigos centrados na crítica e comentarios sobre arte, así como relatos relacionados coa historia local de Cangas e participa ademais na páxina web Galicia Máxica.
Hai obras súas expostas por todo o mundo. Salientar a súa casa museo, que podemos atopar na parroquia de Coiro en Cangas.
É pintor e escultor e ten innumerables obras creadas.

Raúl Velloso
Empezou co mundo da pintura por casualidade,colleu un pincel por primeira vez fai 11 anos en Barcelona cando tivo que pintar a habitación do seu fillo, e gustoulle. Non sabía nada do mundo da pintura, nin sequera que había varios tipos de pinceis, e os seus primeiros 20 cadros foron pintados todos co mesmo pincel.
Ademáis, el mesmo fai a súa propia pintura ecolóxica con caucho, area ou aceite de linaza.
Raúl Velloso, é un pintor de Cangas do Morrazo que pinta cadros dunha maneira diferente ás demais.

Borja Brun
Estudou Realización na desaparecida escola de Imaxe e Son de Ourense.
Posteriormente empezou a traballar en TVE e máis tarde creou a súa primeira empresa audiovisual, onde segue traballando ata a actualidade.
Borja Brun, naceu en 1978 en Cangas do Morrazo. Estudou Bacharelato no Instituto María Soliño onde comezou a ter contacto co mundo do audiovisual.

