top of page

A gaita galega

   Listaxe de grupos de gaitas de Cangas:

​

- O Felecho.

- Airiños do mar.

- Airiños do Castelo.

- Airiños do Piñeiro

- Os Airiños da nosa terra.

- Macaroca.

- Os trinta de Coiro.

- Casa do mar.

- Tromentelo.

- Tebras.

- E veña que vai.

Banda Tromentelo

   Tromentelo leva 25 anos como grupo tocando música tradicional galega. Chámase así polo monte Tromentelo.

   

   Foi formado pola anpa do colexio de Castrillón.

   Antigamente estaba dirixido por Xaquín Caamaño, na actualidade a súa directora é Sara Malvido, que xa leva 15 anos ao cargo da agrupación.

​

   O grupo ensaia na antiga aula de infantil da Retirosa, na parroquia de Coiro.

​

   Non pensaban que ían chegar tan lonxe e na actualidade os máis pequenos reciben clases de gaita e pandeireta no propio grupo.

Velaquí a entrevista que lle fixemos  a Sara, directora dende fai 15 anos:
Ancla 1
Ancla 2

O Gaiteiriño

   José Férnandez Canosa, tamén chamado o gaiteiriño de Aldán, naceu no ano 1935.

    Aprendeu a tocar a gaita aos 12-13 anos.

 

   Dende moi pequeno tivo ilusión por tocar ainda que non tiña apoio.

 

   Grazas a que atopou traballo como albanel, mercou a súa primeira gaita e deste modo introduciuse no mundo da música tradicional galega.

​

   Poucos anos despois de aprender a tocarxa sabía compoñer as súas propias pezas. Dende a súa infancia ata agora fixo moitos concertos, deixando a todo o mundo sorprendido coa súa música.

bottom of page