top of page

O Canabal

  O Canabal é unha pequena praia con acceso a pé, pouco transitada e nos limites de Cangas e Moaña.

 

  A praia ten 500 m de lonxitude e una anchura media de 10 m, é una praia de arena branca, coas condicións de baño son augas tranquilas, dispón de zona de fondeo para embarcacións menores e con pequena variedade de vexetación .

  Situada entre Moaña e Cangas

 

Lonxitude: 500 metros Anchura media: 10 metros
Condicións de baño: Augas tranquilas
Zona de fondeo: Si
Nudista: Non
Vexetación:
Equipo de salvamento: Non
Tipo de acceso: A pé (sinxelo)
Sinalización: Non
Vía máis próxima: PO-551

Alí filmamos un dos nosos planos de ficción:

Praias

Areamilla

   Na rica contorna natural de Punta Balea, onde destaca a lagoa cunha variada fauna, sitúanse tres pequenas praias: a de Areamilla, a do Medio e a Congorza, co porto do mesmo nome primitivamente ao servizo dunha salgadoura.

 

 Non moi lonxe está a antiga factoría conserveira e baleeira de Massó. Podemos contemplar as distintas dependencias, o que queda da gran nave principal, o primeiro edificio construído con formigón armado no Morrazo, unha verdadeira catedral das fábricas conserveiras.

 

  A praia de Areamilla conta cos seguintes servizos: un aparcadoiro, un equipo de salvamento, socorrista , zona para minusválidos, chiringuito e duchas.

 

 Ó final da mesma, comeza un roteiro costeiro moi interesante que chega ata Santa Marta, pasando polas coñecidas Furnas, fonte de diversas lendas.

  A praia de Areamilla sitúase no Concello de Cangas na parroquia de Darbo en Punta Balea.

 

Lonxitude: uns 200 metros

Anchura media: 20 metros

Condicións de Baño: Augas tranquilas

Zona de Fondeo: Si

Vexetación: Está preto da Lagoa da Congorza.

Servizo de salvamento: Si

Tipo de acceso: A pé fácil / con coche... Aparcadoiro.

Acceso sinalizado: Si

Os Alemáns
Rodeira
Areamilla

Os Alemáns

  A praia dos Alemáns esta situada na parroquia de Coiro, moi preto de Rodeira.

 

Lonxitude: 200 metros

Anchura media: 10 metros

Condicións de Baño: Augas tranquilas

Zona de Fondeo: Embarcacións pequenas

Nudismo: Si

Vexetación: Si

Servizo de salvamento: Non

Tipo de acceso: A pé dende Rodeira

Acceso sinalizado: Non

 Seguindo o camiño que bordea a praia de Rodeira está a praia dos Alemáns ou dos Ratos, fronte á illa do mesmo nome.

 

  Nela, existiu unha Vila Romana da que, en tempos, se podían ollar os remates dalgúns dos muros. Hoxe é máis coñecida como “dos Alemáns” pois cóntase que alí desembarcaron soldados xermanos despois da Guerra Mundial.

 

  Fai pouco foi mellorado o seu acceso.

Rodeira

  A praia máis coñecida de Cangas, no mesmo núcleo urbano, moi preto do peirao e moi ben equipada.​

 

  Aparcadoiro, socorristas, auga potable, teléfono, arboreda, bancos, duchas, quioscos, restaurantes e bibliopraia.

 Ten paseo marítimo en toda a súa extensión.

 En verán prohíbense os animais de compañía na praia.

 Ten zona de fondeo.

  Das 38 praias de Cangas, Rodeira é a máis popular, pola súa situación urbana, pola súa lonxitude (900 m), a súa anchura (40 m) que varía coas mareas, o seu fácil acceso a pé ou en coche (dende a PO-551), etc.

 

  Se ves en coche, tes aparcadoiros moi amplos. Tamén podes chegar no bus interurbano. E se tes ganas de camiñar, ao seu carón hai un bonito paseo marítimo.

 

   Durante os meses de verán pódense practicar moitas actividades como piragüismo ou vela, alugar canoas e mesmo colocan inchables na auga.

 

 

Santa Marta

  Está praia ten forma de cuncha e o tipo de area é fina e de cor tostada. Está na mesma cala que Liméns pero unhas rocas, ás que chaman Pinelas, sepáranas dela.

​

  Preto dela hai un sitio no que en verán pódense alugar canoas, barcos inchables... Tamén hai unha fonte de pedra. Na súa entrada hai unha pequena capela, a Capela de Santa Marta, de aí ben o nome da praia. A carón da capeliña hai un aparcadoiro, uns castiñeircos e unha fonte de pedra.

​

  Pódese acceder facilmente a pé e está ben sinalizada.

 

  No verán na auga hai algunha alga, rochas e algún caranguexo.

   

  Tamén hai un chiringo no que no verán Blas, un neno de 4 anos, come riquísimos xeados de tres chocolates.

 

  A praia de Santa Marta está situada en Cangas na parroquia de Darbo e ten 300 metros de lonxitude.

 

  Pode parecer de pouca importancia pero o seu interese natural e moi grande xa que a zona presenta moita vexetación.

 Liméns

   Protexida por dunas, é unha paraxe de gran beleza custodiada por un enorme piñeiral. É moi rica en fauna e flora.

 

  Bandeira Azul, ten toda clase de servizos: acceso a discapacitados e vehículos rodados, aparcadoiro, socorristas, auga potable, bibliopraia, teléfonos, duchas, deportes náuticos, campings e restaurantes.

 

  A súa auga é moi, moi fría e cristalina.

 

  A praia de Liméns está separada da de Santa Marta por uns rochedos, dándolle forma de gaivota. Hai moitas cunchas no medio. No mar, hai unhas rochas ata as que podes ir, sumerxirte e ver os ourizos e as estrelas de mar. Á dereita da praia tamén hai un regato.

 

  Pódese acceder polo paseo de madeira ou dende Santa Marta. Non se poden pisar as dunas xa que están protexidas.

 

  Non hai papeleiras, temos que levar unha bolsa.

 

  Celébrase a Festa Cabalar que é unha concentración hípica na que se reúnen moitos cabalos e os seus xinetes. Tamén fan un sendeiro dende Liméns ata Cabo Home.

 

  No verán tamén celebran campamentos en inglés con actividades complementarios,  excursións en bicicleta, travesías en paddlesurf e piraguas, surf trips e campionatos de windsurf.

  É a principal praia da enseada de Liméns.

 

Lonxitude: 310 metros
Anchura media: 25 metros
Composición: Area branca
Condicións de Baño: Augas tranquilas
Zona de Fondeo: Si
Nudismo: Non
Equipo de salvamento: Si
Tipo de acceso A pé / en coche
Sinalización: Si
Vía más próxima: PO-315

Podes ver a fermosura deste lugar no seguinte plano do mundo:

Vilariño

 A lonxitude desta praia é de 500 metros de longo, e de ancho ten aproximadamente 60 m.

 

  A súa composición é de area branca, as súas augas tranquilas, con vexetación, con equipo de salvamento e cun acceso para cadeiras de rodas e carros de bebés.

 

  Nun recuncho rochoso, chamado eirado da Poza, temos un interesante conxunto de canastros.

 

  Rodeada de casas antigas e estreitas rúas, preto encóntrase a capela de san Bartolomeu, do século XVI.

  Na súa infancia, o gañador de catro medallas olímpicas, David Cal, percorreu as augas desta praia moitas veces.​

Santa Marta
Liméns
Menduiña

Menduíña

  Praia semiurbana, moi equipada e con acceso a discapacitados, pódese chegar á praia a pé moi facilmente.

 

  É a praia máis popular de Aldán.

 

 Ao seu carón hai un restaurante. Tamén conta con aparcadoiros, chiringo e duchas.

 

  Un neno chamado Denís, que ten 5 anos, comenta que a praia tiña un pequeno túnel, que había poucos cangrexos e moitas rochas.

  Situada na parroquia de Aldán

 

Lonxitude: 250 m

Area: branca.

Condicións de baño: augas tranquilas

Zona de fondeo: si

Nudista: non

Equipo de salvamento: si

Sinalización: si

Via máis proxima: PO-315

Vilariño

Areabrava

  A praia de Areabrava úbicase entre Punta Corveira e Punta de Alada, na Ría de Aldán .

 

  Areabrava é unha praia con campo de dunas e un pequeno humidal.

 

  É a praia máis ampla da Ría de Aldán, constituíndo un enclave importante de avistamento de flora e fauna.

 

  No extremo leste da praia ten un illote chamado illa Castiñeira.

 

  Ten acceso para os discapacitados e vehículos rodados, aparcadoiro, duchas e chiringuitos.

  Situada na parroquia de O Hío

 

Lonxitude: 800 metros. Anchura :30 metros.
Composición: Area branca.
Condicións de Baño: Augas tranquilas.
Zona de Fondeo: Sí.
Nudista: Non
Equipo de salvamento: Si.
Tipo de acceso: A pé. Rodado.
Sinalización: Sí.
Vía máis próxima: PO-315.

Areabrava
O Canabal

Nerga

  Primeira praia da enseada de Nerga, separada de Viño, por unhas pequenas rochas. Situada nunha zona protexida da "Rede Natura 2000".

 

  As características máis salientables da praia de Nerga son a enorme pedra que se encontra na metade da praia e as embarcacións tradicionais, gamelas, que se deixan varadas na area.

 

Por detrás da praia hai unhas dunas enormes bordeadas por un gran piñeiral con camiños para pasear.

 

- Ten aparcadoiro.

- Hai socorristas

- Teñen duchas

- Ten baños

- Hai chiringos

- Non hai cabinas telefónicas

- Ten acceso a discapacitados

Lonxitude: 700 metros Anchura media: 30 metros
Composición Area: Branca
Condicións de Baño: Oleaxe moderado en verán e en inverno hai ondas e fan surf como o noso profe Manu.
Zona de Fondeo: Si
Nudista: Non
Vexetación: Si
Equipo de salvamento: Si
Tipo de acceso: A pé fácil / Rodado
Sinalización:
Vía máis próxima: PO-315

Nerga

Areameán

 É unha tranquila praia situada entre as praias de Barra e Nerga, das que está separada por unhas rochas.

 

  As tres praias comparten un extenso monte de piñeiros que proporciona unha sombra agradable para o descanso e o paseo.

 

  A praia de Viñó ten uns 300 m de lonxitude e unha anchura de 30 m. Tamén ten un chiringo onde se poden tomar refrescos, xeados e bocadillos (só abre no verán). Conta cun cámping que abre en semana santa e do 15 de xuño a 15 de setembro.

 

  Ten unhas preciosas vistas ás Illas Cíes e Punta Subrido.

 

 Nesta praia hai xente que practica o nudismo.

Pertence á Rede Natura 2000: Costa da Vela- Dunar de Barra. Tamén coñecida como a praia de Viñó.

Viñó

Barra

  Esta extensa praia, de tradición nudista, ten un sistema de dunas que chega á praia de Viñó. Na zona tamén podemos admirar un muíño cunha fermosa presa.

 

 Fronte ela houbo , dende 1922 ao 1926, un matadoiro de baleas flotante.

 

  A praia de Barra conta cuns servizos que podemos usar todos, como son a caseta de salvamento e o chiringuito. Os aparcadoiros máis próximos, en Donón e Viñó, na entrada ao piñeiral, con zona para minusválidos, baños e duchas. 

A praia de Barra sitúase na parroquia do Hío, en Donón.

 

Lonxitude: 750 metros  Anchura media: 30 metros
Composición. Area branca
Condicións de Baño: oleaxe moderado
Zona de Fondeo: Si
Nudista: Si
Vexetación: Si
Equipo de salvamento: Si
Tipo de acceso: A pé fácil
Sinalización: Si
Vía máis próxima: PO-315

Barra

Melide

  Situada en Donón, con aceso a pé e restrinxido en coche. Mide 250 metros de largo e 40 metros de ancho.

 

    Ten por un lado rochas e polo outro árbores. Tamén ten uns preciosos cantís onde se pode gozar das vistas ó mar. Praia de mar aberto con excepcionais condicións para practicar o surf cando hai ondaxe. Zona rica para a pesca submariña pero perigosa polas fortes correntes e permanente ondaxe.

 

  Ubícase dentro da Rede Natura da Costa da Vela-Dunar de Barra. Ten unhas impresionantes vistas das Illas Cíes e a porta da Ría de Vigo.

 

  Pódese comer nun chiringo no verán.

 

 

Bonita praia con vistas ás Cíes e situada entre os faros de Subrido e Robaleira.

Melide
bottom of page