

Medios de transporte
Estación de Autobuses
A estación de autobuses de Cangas atópase fronte a estación marítima na rúa Montero Ríos .
A través da liña de transportes regular comunica Cangas con Pontevedra, Vigo, Bueu, Aldán, Coiro, O Hío, Darbo e outros destinos.
A estación serve de referencia para saída de autobuses de excursións.




Estación marítima
Dende a estación marítima saen todos os días os barcos á cidade de Vigo e algúns doutros destinos como as Illas Cíes, as Ons, etc.
O custo do percorrido a Vigo e de 2,45 €. A conexión marítima con Vigo é moi importante como motor da economía do concello e para a vida social dos seus habitantes.
Algúns servizos destes barcos son:
- Baños
- Capacidade ata 140 persoas aproximadamente.
- Algúns barcos teñen ata televisión.




Parada de Taxis
En Cangas hai dúas paradas de taxis principais:
A parada central sitúase na rúa Av. de Montero Ríos 15, o seu teléfono de contacto é o 986 30 07 61.
​
Na rúa Méndez Núñez 27, atopamos a outra parada importante, se necesitas un taxi desta parada podes chamar ao 986 30 28 25.



