top of page

Lugares con monumentos

Capela do Hospital

   A Capela do Hospital foi construida no ano 1711 polo Prior Don Gonzálo Nogueira de Araújo e finalizada no 1715.

 

   Esta Capela pertencía ao Hospital de Cangas, cuxa función era a de axudar a peregrinos, pobres e enfermos.

 

   No ano 1965, a Caixa de Aforros de Vigo derrubou a capela para edificar no seu solar un edificio de sete pisos que sería sé da súa oficina principal en Cangas. Pasaron máis de 35 anos ata que co empeño dun grupo de cangueses conseguiuse xuntar as pedras que quedaban da antiga capela e reconstruíla á beira do mar, fronte á súa orixinal situación. Agora pódese ver con novo material toda a parte que se perdeu da primitiva construcción.

   Está ubicada nos Xardíns do Sinal (Centro urbano de Cangas do Morrazo).

Cruceiro do Hío

  • Foi construído por Ignacio Cerviño no ano 1.872.

    Dende o cruceiro hai unhas vistas nas que se mesturan  na paisaxe elementos naturais e humáns da Ría de Aldán.

​​

  • O seu acceso conta cun aparcadoiro para todo tipo de vehículos terrestres como coches, autobuses, taxis... pero tamén ten acceso a pé.

​​

  • Este cruceiro é considerado o máis artístico de Galiza.

 

   O cruceiro do Hío é un monumento situado no adro da igrexa de San Andrés do Hío.

Capela de San Roque

  Na zona máis poboada dunha serra pequena coñecida como A Serra do Nacente no Monte de San Roque , de 75 m de altura. Este promontorio é un auténtico balcón cara a vila mariñeira de Cangas e a súa enseada, así como a unha gran parte da Ría de Vigo. Sobre ela atopamos unha ermida consagrada ao santo que nomea o alto, San Roque.

 

  A construción actual parece a rehabilitación doutro templo máis antigo. Nela existe unha data da probable construción da capela actual, do ano 1883. Sobre unha rocha tamén existe una inscrición que parece sinalar o ano 1880. Destacan no atrio da igrexa dous imponentes piñeiros que se ven desde Rodeira. Un deles está oco e é moi útil para esconderse cando xogamos ás agochadas.

 

  En honra ao santo, alí celébranse as festas sobre o día 16 de Agosto.

  Sabedes que me contou Hugo, un neno da clase de 4 anos do meu colexio? Que alí hai moitas piñas coas que lle gusta xogar.

 

Situada na parroquia de Darbo

Conserveira de Massó

  A empresa conserveira da familia Massó foi fundada no ano 1816 por Salvador Massó Palau, en Bueu. Abriron logo fábricas en Cangas, Avilés e Barbate.

 

  A de Cangas foi a máis importante fábrica de conservas de Europa e encargábase de conservar e envasar peixe fresco. O mérito desa fábrica era que envasaban o peixe a man e non con máquinas, como facemos agora. A fábrica tivo moito éxito no seu tempo, pero cos anos foise desgastando.

 

  O impresionante edificio que hoxe coñecemos foi inaugurado en 1941. Agora o recordo da fábrica é un edificio en decadencia e perigo de ruína, rodeado de xardíns e edificios que deixan ver a importante dotación social que había arredor da fábrica: hotel, escolas, gardería, comedores, economato, vivendas sociais, instalacións deportivas, etc.

 

  Debaixo da fábrica hai unhas escaleiras que dan acceso á Praia da Cheminea.  

 

  A Praia da Cheminea está situada no paseo marítimo do Salgueirón recentemente renovado, xunto a antiga fábrica de Massó.

 

  Chámase así porque detrás da praia atópase a antiga cheminea da fábrica de Massó que mide uns 25 m (bufff, moi alta).

 

  Os únicos servizos que ten esta praia son os xardíns e as ruínas da conserveira. Coidado coa auga porque sempre está conxelada. Aos nen@s lles encantarán as cunchas que hai na praia (que son moitísimas), rodar pola area e facer castelos de area.

 

A antiga fábrica de Massó esta situada en Cangas do Morrazo, no Salgueirón.

Igrexa de Coiro

  Áchase encravada nunha paraxe natural, dende a que se pode obter unha excelente vista panorámica do municipio e da Ría de Vigo.

 

  Consta dunha única nave cuberta con bóveda de estrela.

 

  Destaca no exterior a súa gran torre campanario e as escaleiras que lle dan acceso. Esta torre foi construída no século XVII polo mestre Novas de Tui.

 

  As vistas de Cangas son moi bonitas desde alí.

 

  A igrexa parroquial de Coiro de San salvador de Coiro é de estilo barroco, aínda que probablemente existise unha construción de época máis antiga.

Capela do Hospital
Ondiña
Capela de San Roque
Igrexa de Coiro
Massó

O Coloso

  O autor do Coloso é Ramón Conde que naceu en Ourense en decembro de 1951.
 

  Ademais de O Coloso fixo esculturas como o Guardián ante a Torre de Hércules (A Coruña) ou A Leiteira (Ourense). Ramón Conde é un artista internacional con exposicións e obras en diversas cidades europeas

 

  O Coloso está situado nunha rotonda na estrada de Cangas e representa a un gordo nunha rocha. A obra é do ano 2005.

  O seu autor é Ramón Conde, ademais do Coloso tamén fixo esculturas como os redeiros da Gran Vía de Vigo.

O Coloso
Cuceiro Hío

Ondiña

   A escultura da deusa "Ondiña" é unha peza de granito de catro metros de alto por un de ancho realizado polo artista moañés Manuel Varela.

 

   Estivo esquecida nove anos nunha leira da parroquia de Coiro desde que o Concello de Cangas a adquirira e agora preside a rotonda do porto.

Vento de proa

Vento de proa

  Situada fronte ao concello esta escultura está feita en pedra e está adicada aos mariñeiros de baixura.

 

   Inaugurouse no ano 2002.

 

  Representa a uns mariñeiros remando nunha gamela.

 

  Feita por Manuel Coia

Planeta Tierra

O Galeón

  A escultura o Galeón, coñecida popularmente como “a serea”

 

 

   É un dos símbolos de Cangas.

 

   Encóntrase sobre os cons de Ojea, case cubertos coa marea alta, no remate dos xardíns do Sinal.

 

   A escultura consiste nunha rocha de granito que simula a proa dun barco naufragado, con dous golfiños de bronce (un a cada lado), e no alto, a estatua da serea de bronce, cos brazos en uve.

 

  Foi realizado por Manuel Coia Franco.

O Galeón

Planeta Terra

   A escultura inaugurouse o 24 de abril de 2015 e é unha peza tallada en pedra, que representa a harmonía coa natureza e a necesidade de coidar o mundo.

​

  Obra de Manuel Coia.

GAivotas

As Gaivotas

   Esta escultura encóntrase nun extremo dos Xardíns do Sinal, fronte á Capela do Hospital.

​

   Consiste nun pedestal circular sobre o que hai dúas grandes gaivotas talladas en granito.  

 

   Ao seu carón está a Ría de Vigo.

 

   Está feita por Manuel Coia

A Moa

  Está situada nos xardíns dos xulgados de Cangas.

​

  É unha escultura de metal cunha forma semellante a unha moa ou un dente e que quere representar a idea de igualdade e de xustiza e o difícil equilibro para logralo.

 

  A Moa construíuse en 2006.

 

  A peza foi realizada polo artista Lito Portela

A Moa

Santiago de Cangas

Igrexa de Santiago

   Atópase na Rúa Real, na mesma praza que a estatua ecuestre de Santiago, obra de Cerviño. Comezou a construírse no ano 1493 por Jacome Fernández, en estilo gótico tardío.

 

   Tras varias fases, no ano 1545 recibe o título de Colexiata.

   No exterior destaca a súa fachada plateresca de finais do século XVI. Contrafortes, remates de crestería en oxival, os pináculos e as gárgolas, todas diferentes.

 

  Interior en planta basilical de tres naves, cubertas con bóvedas estreladas sobre altas e fortes columnas.

​

  Atópase entre as máis bonitas e harmoniosas de Galicia.

   A Ex-Colexiata de Santiago é o principal edificio relixioso de Cangas.

Ancla 1

Os Mexilóns

   Ubicada na rotonda da Pedra Alta.

​

   Esta peza tallada en pedra, representa uns mexillóns pousados nunha rocha.

​

   Fixeron esta estatua co propósito de mostrar á xente que os mexillóns son parte de Cangas e da súa economía e tamén porque é unha comida exquisita na gastronomía da vila.

​

   Está feita por Manuel Coia.

Buguina

   Coñecida popularmente como A caracola, A Buguina de Cabo Home está situada nos cantís de Donón, ao final da Península do Morrazo.

   Está escultura esta feita de aceiro inoxidable por Lito Portela no ano 2.004.

​

   Dende esta atracción turística pódese contemplar o fermoso solpor á tardiña.

​

   A Buguina está feita de aceiro inoxidable, entre o proxecto e a elaboración tardouse ao redor de dous meses. Fíxoa dese xeito porque naquel tempo, o sitio que lle se prestou para colocar a peza, estaba claro que non se podían tapar esas increibles vistas a toda a costa Atlántica. A Buguina está pensada para que todo o mundo poida interactuar. Non se debería subir a ela; se o facedes, facelo de un en un, non de vinte en vinte para que a Buguina se conserve ben.

A Buguina

Patín

   Arquitectura mariñeira que so se pode ver nas Rias Baixas.

   Estas vivendas están dispostas xeneralmente entre medianeiras e teñen planta baixa e un piso ao que aceden por unha escaleira exterior de pedra (o patín).

​

   No baixo almacenábanse os aparellos de pesca.

Casas de patín

Apóstol

   Na rúa Real, no adro da Ex-Colexiata hai unha fonte de granito, coroada pola estatua ecuestre de Santiago Apóstol.

    É unha das imaxes máis coñecidas do conxunto histórico de Cangas. Popularmente coñecida como "Fonte do Cabalo", foi construída no ano 1890 polo mestre canteiro Cerviño.

Santiago Apóstol

bottom of page