top of page

As parroquias da vila

Cangas

Mapa da vila

A vida en Cangas

O porto pesqueiro e a Lonxa

   Son dúas das referencias diarias do pobo e do seu movemento social e económico.

   A pesca e as actividades relacionadas con elas como a cría do mexillón, en bateas a extracción de navallas, percebe e o marisqueo a flote son actividades do porto pesqueiro.

 

   Todos os días o peixe e marisco que chega nos barcos de pesca vai a lonxa para a súa venda e comercialización.

A praza de Abastos e o mercado

  A Praza é o centro do comercio na vila e cada martes e sábado ao seu redor celébrase o mercado.

   A praza de Abastos foi construída no ano 1.925 grazas a os fondos aportados por Don Félix Soage Villarino. A praza ou mercado de Abastos é polas mañás o centro da actividade en Cangas xa que aquí é onde se merca o peixe, o marisco cada día.

 

   Ao redor da praza os Martes e Venres faixe un mercado onde se pode mercar produtos típicos da horta, pans, empanadas, roupa, utensilios agrícolas...

Filmamos a vida cotiá en Cangas:

  Así é un día calquera na Praza de Abastos e no mercado ou na Taberna Guimeráns:

  Tamén retratamos á xente de Cangas realizando as súas actividades diarias:

bottom of page